BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 29 de octubre de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2.012

     Como sabedes chegado o 24 de outubro celebramos o "Día Mundial das Bibliotecas" e unha vez máis  a  Consellería de Educación editou un cartel co lema "Biblioteca escolar, acelerador de innovación". Con el pretende difundir a imaxe das bibliotecas como un lugar idóneo para que as alumnas e alumnos investiguen, se informen, e estimulen a súa imaxinación a través da lectura, entre outras actividades de estudo e de lecer.
     A ilustración, que temos colocada no noso colexio, é do creador galego Andrés Meixide e pretende mostrar a variedade de recursos que as bibliotecas escolares, entre elas a nosa,  poñen a disposición de estudantes e docentes.
 
 
     Aproveitando a celebración do  “Día das Bibliotecas Escolares”, organizamos unha Exposición que ten como temática o corpo humano, tema do Proxecto para este ano. Dividímola en dúas partes:
• “Materiais de consulta” con libros, atlas, revistas, vídeos, DVDs… para buscar información e saber máis.
• “Creación literaria” con contos, relatos e historias de todo tipo sobre as persoas: o noso corpo e o seu coidado, a saúde e alimentación, a diversidade e o respecto ás diferenzas… 
 

     O alumnado, que coñeceu a exposición durante as sesións de Formación de usuari@s organizadas no mes de outubro, gozará da mesma durante novembro.
     Tamén fixemos un Maratón de lectura con materiais desta temática, abordando non so o coñecemento do propio corpo senón tamén o coidado do mesmo (hábitos saudables e alimentación) e o recoñecemento das diferenzas individuais, que fan a cada persoa distinta ás demais e que como seres humanos nos enriquecen sempre.
 
 
      Os títulos escollidos polas distintas aulas dan idea desta triple visión:
“Cada corpo é especial” (4 e 5 anos); “ O mundo nos ollos” e “Camila non quere asearse” (3 anos); “Conto cinco sentidos” (1º Pr.); “Que serei cando sexa maior?” (2º); “Comen san” (3º); “ Alimentación sana” (4º); “O corpo humano, que é?” (5º); “Non sei nadar, e que?” (6º).



No hay comentarios: