BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 9 de enero de 2013

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

      Seguindo co tema do Corpo humano, estudaremos a alimentación como base para unha vida san.
 

     En colaboración coa “Asociación Española Contra el Cáncer”, o 9 de xaneiro, organizamos una actividade, por Ciclos, para o alumnado de Primaria,consistente na proxección dun Power Point con imaxes da Pirámide alimentaria e a Roda dos alimentos,  acompañadas de  explicacións sobre unha alimentación san, os tipos de alimentos ( proteínicos, vitamínicos, cárnicos, peixes, lácteos…), os nutrientes que nos dan, a cantidade que hai que comer de cada un, a distribución das calorías durante o día (almorzo: 25% ; media mañá: 10 ou 15% ; xantar: 25 ou 30% ; merenda: 15% ; cea: 20% ) e a cantidade necesaria das mesmas segundo a idade.
 
 
     Realizáronse xogos como “Pasapalabra” e outros para repasar o vocabulario que se traballou. Tamén realizaron propostas de exercicios sobre tipos de almorzos e os nen@s confeccionaron un Menú equilibrado coas cinco comidas do día. En concreto, déronse consellos para un almorzo saudable, como foron:
* Espertar 15 minutos antes, preparar os alimentos que se van tomar e almorzar ben tranquilos.
* Deberá haber: zume de laranxa natural ou 1 peza de froita (mandarina, plátano ou kiwi): Fortalecen as defensas e aportan vitaminas e minerais necesarios; leite con cacao ou iogur ou ración de queixo: favorecen o crecementos dos ósos; cereais, galletas, pan, torradas : aportan a enerxía sufuciente para pasar toda a mañá. Seguide estes consellos para render no traballo da escola.
    

As monitoras da AECC tamén fixeron unha breve introdución da influenza da alimentación nas enfermidades, como a do cancro, e explicaron como a mesma ten prevención (unha boa alimentación, facer deporte, non fumar, levar unha vida san…).
 O alumnado puido tomar apuntamentos das explicacións, adaptadas ás idades do mesmo, e así poder elaborar con eles traballos nas aulas.
   

No hay comentarios: