BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 22 de abril de 2013

ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

     O luns, 22 de abril de 2.013, estivo de visita no noso colexio Anxo Fariña e o alumnado de 5º e 6º puido ter un encontro co autor dos "Megatoxos" e Premio Merlín en 2.011 con " A Chave da Átlántida".
   
 
     Anxo Xabier Fariña Temprano, nacido en Vigo en 1.977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galegos. Falounos da súa obra e como realizaba o seu labor de creación. Contounos que sempre ía para todos os sitios cunha libretiña onde anotaba todo tipo de ideas e experiencias que logo lle servían como fonte de inspiración. A partir duns personaxes, que mesmo podían ser reais e que logo transformaba co poder da súa imaxinación, e escollido o escenario dos feitos, inventaba estes últimos, construíndo pouquiño a pouquiño a trama dos seus libros.
Tamén contou que algunhas veces sentíase "bloqueado" e que non lle viña a inspiración, normalmente no seu estudo, pero que logo no contacto coa realidade as ideas fluían e fluían. Díxonos que os libros se facían paso a paso, aos poucos, cun conxunto de ingredientes, mesmo como as receitas de cociña.
     Aclarounos que ser ilustrador axudáballe á hora de inventar os seus textos e que todas as persoas nos transmitían algo distinto que se podía aproveitar á hora de retratalas. Fíxonos a demostración a partir dun alumno de 5º, ao que debuxou tal e como o percibía na realidade engadíndolle a posteriori características inventadas por el. Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo.

 
     O escritor deu oportunidade a un público, moi atento, de facer preguntas e, por último, escribiu unha adicatoria especial no "Libro de Honra da Biblioteca" asinando exemplares dos seus libros ao alumnado.
 
 
 
     Ven á Biblioteca a ler os seus libros. Temos unha selección para os máis cativos ("Antón e Pompón", "Don Quixote e Breogán") e para os máis maiores ( diversos títulos de "Os Megatoxos", "A chave da Atlántida" ).
 
Para estar en contacto co escritor accede ao seu blog

No hay comentarios: