BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 16 de octubre de 2013

A BIBLIOTECA REANUDA A SÚA ACTIVIDADE (CURSO 2.013/ 14)

        Un novo curso e arrincamos con moitas ganas. Como todos sabedes o noso Proxecto para este curso é "Tralas pegadas do Home na Historia" e, por Ciclos, percorreremos a nosa marabillosa existencia sobre o planeta Terra, dende a Prehistoria (os máis cativos do colexio), á civilización exipcia e ao imperio romano ( os de 1º e 2º de Primaria), á época medieval (3º e 4º) e, por último, os maiores do colexio, centraranse nas Idades Moderna e Contemporánea.
        E para ir "meténdonos en fariña" xa temos colocados no recibidor do colexio dous Murais, por ámbolos lados dun panel expositor, baixo os lemas “O Home na Historia” e “O tren da Historia Humana”, para así estimular a curiosidade do noso alumnado e como punto de partida na adquisición de coñecementos. Ao tempo toda a Comunidade Educativa pode observalos nas súas visitas ao Centro. Fixéronos os cursos de 6º e 2º de Primaria, respectivamente.

        Pero xa antes, desde o inicio do curso estamos a facer todo o colexio “A Hora de ler”, quince minutos diarios,  de 12: 00 a 12: 15 Horas,  nos que alumnado e profesorado gozan da lectura
        Os nenos/as poden ler libros da Biblioteca de Aula ou do Centro, ou traer dos que teñen na casa. Por iso se pediu a colaboración  das familias para que cada neno/a trouxese un ou varios libros ao colexio que levará de volta  a fin de curso. Organízanse tamén lecturas colectivas.
        En Infantil é "A Hora do Conto" 
 

          Un novo grupo de voluntarios de 5º e 6º de Primaria estase preparando para axudar nos recreos, por quendas, en tarefas como anotar os préstamos dos seus compañeiros/as, acender e apagar os ordenadores, colocar os materiais nos seus estantes, repartir os libros en préstamo polas aulas... Están moi ilusionados e con ganas de empezar. Queda xa pouco. 

No hay comentarios: