BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 20 de octubre de 2013

BIBLIOTECAS ESCOLARES: LER CIENCIAS


    
 O lema elixido para este ano por Bibliotecas Escolares de Galicia é  LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR  e trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na Biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de  PATRICIA CASTELAO
      Na nosa Biblioteca, aproveitando "O Día das Bibliotecas Escolares", faremos unha Maratón de Lectura sobre textos relacionados co noso Proxecto para este curso (As pegadas do Home na Historia)  e ademais coñeceremos un libro marabilloso de ciencias "365 pingüinos". Máis adiante organizaremos unha Exposición de libros, para todas as idades, que traten especificamente temas relacionados coa ciencia.
 
 


 Aí vai o seguinte vídeo baixo o título "La Bibliotecaria":


No hay comentarios: