BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 23 de noviembre de 2013

O TROMPO NA HISTORIA

O alumnado de 6º de Primaria, na materia de Educación Física e empregando os ordenadores da Aula Abalar, realizou un traballo de investigación sobre os peóns ao longo da historia e coa información elaboraron carteis que acompañaron unha Exposición de peóns decorados polo alumnado de Primaria. Dita Exposición, baixo o título de “O trompo na Historia”, montouse no recibidor do colexio e puido ser vista por toda a Comunidade Educativa
 
   
Dende as súas orixes, na Idade de Pedra, pasando polas épocas dos exipcios, que os usaban nas cerimonias e nos xogos; dos gregos, donde eran utilizados polos científicos nos seus experimentos; dos romanos, que os extenderon entre todos os territorios que conquistaban, ensinando o xogo aos seus fillos para que así non xogasen tanto aos dados; e da Idade Media, onde cada parroquia tiña oa seu propio peón e todas as semanas se organizaban carreiras de buxainas nos camiños.
No século XVIII xa estaba plenamente desenvolvido en toda Europa.
 En Xapón os peóns introducíronse hai uns 1.000 anos procedentes de China e Corea. 

 
Un pequeno Mural amosa variados selos que teñen como motivo decorativo as buxainas e outro cartel ilustra os xogos máis populares que se poden facer cos peóns.

 
Ben pois só queda xogar con eles. Lembrade o refrán:
 "No Outono
        trompos ao camiño"

No hay comentarios: