BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 3 de febrero de 2014

CON ANXO MOURE NUN BOSQUE SOLIDARIO


      O 31 de xaneiro, co gallo do Día da Paz, visitounos o contador de historias Anxo Moure.Veu ao noso colexio, montado no seu PAZtinete, a plantar connosco un "bosque de contos solidarios" con Mozambique, Guatemala, cos refuxiados do deserto do Sahara, con todos os pobos onde hai guerras.
      Para contar estas historias traía con el marionetas feitas por nais que so queren alimentar aos seus fillos, marionetas adquiridas no chamado “comercio xusto” xa que Anxo Moure é unha persoa involucrada na solidariedade entre os pobos.
     Entre outras historias presentounos a súa última creación “A xacia Luviñas”, metade muller, metade peixe, que , segundo as lendas, vivía nas augas do Miño e lembrounos que hai que coidar os ríos, os bosques, nunha palabra, a natureza.

     Foi un fermoso acto de PAZ, un acto contra as guerras no que o alumnado participou activamente desenvolvendo a súa imaxinación. Grazas, Anxo, por lembrarnos o importante que é o cariño entre as persoas e os seres vivos en xeral.
      Finalmente, todos xuntos, mestres e alumnado cantamos a canción

 "O home do espello".


No hay comentarios: