BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 18 de abril de 2016

MES DO LIBRO: HOMENAXEANDO A MANUEL MARÍA


Achegándose o 17 de maio, Día das Letras Galegas, quixemos, dende a Biblioteca, dar a coñecer ao noso alumnado a obra do autor homenaxeado este ano: Manuel María.
Para iso estivo o luns, 18 de abril, no noso colexio, convidado pola Biblioteca, Anxo, integrante do grupo Lucecús.
Contou a todo o alumnado, en dúas sesións distintas, historias inventadas por Manuel María e recollidas en distintas obras narrativas súas, como por exemplo en  “O bigote de Mimí”.

 Intercalou co recitado de poesías, como as incluídas en “Os soños na gaiola”.

O público gozou deste espectáculo e para seguir coñecendo a Manuel María
  tendes libros e outros materiais na Biblioteca.
Tamén podedes empregar os distintos enlaces recompiladas na barra da dereita (Ver  Letras Galegas 2.016).

No hay comentarios: