BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 29 de enero de 2017

RUMBO A UN ESPAZO DE PAZ - 2.017

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e este ano cúmprense 68 anos do asasiñato de Ghandi (30 de xaneiro).
A Biblioteca, para conmemorar a data, elaborou un Mural dando a coñecer o Movemento Pugwash de Científicos pola Paz e, para relacionalo co Espazo, construíu  a nave espacial “CIENCIA E PAZ”, pilotada por científicos que quixeron concienciarnos dos perigos das armas nucleares e do mal uso que se pode facer da ciencia e da tecnoloxía. Con Einstein, Russell, Rotbalt… puxemos “Rumbo a un Espazo de Paz” para, o redor do noso planeta Terra, colocar palabras positivas que simbolizan a Paz: Paz, amor, respecto, bondade, diálogo, xenerosidade, irmandade…, escollidas e traballadas nas clases,  rexeitando as súas antagónicas por negativas: Guerra, odio, maldade, exclusión, egoismo, violencia…
 O venres 27 o alumnado de todas as clases incorporou ao Mural as palabras para así telo rematado de cara ás celebracións do día 30.
EINSTEIN   E   RUSSELL PUBLICARON EN 1.955 UN  MANIFESTO, DEZ ANOS DESPOIS DAS BOMBAS ATÓMICAS BOTADAS SOBRE AS CIDADES DE HIROSHIMA E NAGASAKI, NO QUE PEDÍAN AOS CIENTÍFICOS QUE TOMARAN CONCIENCIA DOS PERIGOS DAS ARMAS ATÓMICAS.
EN 1.957 FUNDARON O  MOVEMENTO   PUGWASH   DE LOITA CONTRA O ARMAMENTO NUCLEAR  PRESIDIDO POLO CIENTÍFICO  JOSEPH ROTBALT  QUE PARTICIPOU NA CREACIÓN DAS PRIMEIRAS BOMBAS ATÓMICAS, ENTRE ELAS AS QUE SE BOTARON SOBRE  HIROSHIMA  E NAGASAKI. DÁNDOSE CONTA DO SEU PERIGO, DEIXOU DE PARTICIPAR NESTE PROXECTO E SE CONVERTEU NUN ACTIVISTA CONTRA AS ARMAS NUCLEARES.
ROTBALT PENSA QUE A GUERRA É EVITABLE E QUE A PAZ É POSIBLE”.  RECIBIU O  PREMIO  NOBEL  DA  PAZ.

No hay comentarios: