BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 9 de febrero de 2017

VIAXANDO POLO ESPAZO DENDE CORUÑA

O martes, 7 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º  fixo unha saída á cidade de A Coruña. O noso obxectivo era visitar a Casa das Ciencias e, en concreto, o seu Planetario para así facer un achegamento o tema do noso Proxecto.  A excursión completouse coa visita a outros Museos.
En primeiro lugar ao ACUARIO,
 onde nos esperaban sorpresas tan agradables como, dende o interior do submariño "Nautilius", 
 asistir a un espectáculo de vida mariña con peixes típicos de Galicia, pero tamén doutras zonas do mundo como o tiburón Gastón... 
 ou, xa fóra, ao aire libre, ver por vez primeira focas cos seus cuidadores. QUE EMOCIONANTE!
Logo estivemos no DOMUS, no que participamos en experiencias interactivas e nos fotografamos lembrando coñecementos que estivemos aprendendo na escola como a evolución do ser humano...
 Por último, fomos á CASA DAS CIENCIAS, onde tamen interactuamos nas exposicións. Pasámolo moi ben e miramos cousas moi interesantes como a incubadora na que estaban a nacer un pitiño, rompendo co peteiro a cáscara do ovo...
 Por último, unhas escaleiras empinadas, leváronnos ao Planetario onde miramos unha película sobre o Espazo, os planetas do Sistema Solar, a Vía Láctea e as  galaxias.
 Unha proxección descubriunos o ceo estrelado da noite anterior e descubrimos a Lúa, Neptuno, a Osa Maior, a Estrela Polar...
 O Universo case ao noso alcance!!!
no Planetario de A Coruña...

No hay comentarios: