BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 22 de febrero de 2017

O PLANETARIO MÓBIL CHEGA AO COLEXIO

O alumnado do colexio asistiu, coa súa respectiva clase, a unha sesión  de Planetario, instalado no ximnasio. Infantil, 1 e 2º de Primaria participaron en interesantes explicacións sobre a formación do día e a noite; a posición do Sol e os puntos cardinais; as estacións do ano; as principais constelacións; os planetas e as súas características…
 Os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º miraron a proxección dunha película sobre a formación do Sol, aprenderon a localizar as principais constelacións e coñeceron como termina a vida dunha estrela.
A actividade rematou cunha rolda de interesantes preguntas do alumnado.
  Todo o alumnado puido visitar a Exposición, montada na Biblioteca, e atendeu as explicacións impartidas adaptadas á súa idade.  Miraron diferentes traxes espaciais e equipamentos dos astronautas; maquetas de naves espaciais usadas na carreira espacial, destacando Saturno V, vehículo que levou o homa á Lúa; comida real dos astronautas na Estación Espacial Internacional; meteoritos reais…
Asistiron a metódicas e interesantes explicacións de cómo se realizou a viaxe á Lúa, de cómo funcionan os transbordadores espaciais

              O alumnado puido facer todo tipo de preguntas para satisfacer a súa grande curiosidade. FOI UNHA LECCIÓN MAXISTRAL DE ASTRONOMÍA!!!

No hay comentarios: