BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 4 de febrero de 2017

PAZ E COMPROMISO COA TERRA CON CHUS LAGO

Para rematar coas celebracións da Paz, a Biblioteca convidou á deportista Chus Lago a dar dúas charlas ao alumnado de Primaria, tendo en conta o seu labor de concienciación sobre os perigos que sofre o planeta, en concreto, o quentamento que afecta aos casquetes polares e que ela engloba no Proxecto “Compromiso coa Terra” e que a levou a percorrer os lagos de Laponia, o pasado ano, e a preparar unha expedición a Groenlandia,  o actual.
 A Biblioteca e o profesorado prepararon antes un Mural para dar a coñecer  a traxectoria desta deportista,  facendo  un achegamento a Groenlandia, a súa próxima aventura.
 Chus Lago empezou explicando a un público moi atento o importante que é ter un soño e de como conseguilo con traballo e esforzo. Esta mentalidade foi a que a impulsou a lograr coroar o Everest, sendo a primeira muller española en facelo, sen osíxeno, e a terceira do mundo.  
 Tamén lembrou a súa conquista de varios cinco mil metros e a súa travesía en solitario pola Antártida, un paraíso a conservar.
 Tamén comentamos a súa faceta como escritora, xa que na Biblioteca contamos co seu conto “Fata y Pengba en el Machapuchare”.
 Con ela estaba Verónica, que será unha das súas compañeiras na próxima expedición a Groenlandia.
Finalmente Chus Lago asinou no Libro de Honra da Biblioteca no que nos deixou unha agarimosa dedicatoria, asinou autógrafos ao alumnado fotografándose con el.

CHUS, GRAZAS POLA TÚA VISITA E O TEU ENTUSIASMO.

No hay comentarios: