BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 8 de marzo de 2017

EXPOSICIÓN: "O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO"



En colaboración coa Fundación Carlos Casares de Vigo montamos unha Exposición, no recibidor do colexio, para coñecer a faceta de Casares como tradutor, tendo en conta que é a el a quen se dedica este ano as LETRAS GALEGAS:
Os máis de cen exemplares da Exposición, auténticas xoias literarias, formaban parte da colección privada do escritor que, a principios dos anos 70, comezou a traducir  ao galego “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry.
 A súa afección polo libro levouno a coleccionalo en todas as linguas do mundo, algunhas edicións únicas de linguas minoritarias.
Tamén, a través de paneis informativos, coñecemos a súa importante faceta de escritor de literatura infantil. Foi o punto de partida para a realización de actividades de dinamización lectora e escritora.

No hay comentarios: