BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 24 de marzo de 2017

OBRADOIROS DE POESÍA CON FRAN ALONSO

Para celebrar este ano o DÍA DA POESÍA decidimos coñecer a obra de FRAN  ALONSO para o que, a nosa Biblioteca, convidouno a impartir  Obradoiros de Poesía e así achegar o engado deste xénero literario ao alumnado de Educación Primaria do colexio.


Coma el ben nos amosou, de xeito práctico,  a POESÍA ten catro patas: a palabra, o silencio, a música e a maxia.

FRAN  ALONSO leu versos dos seus libros “Poemas birollos para ler cos ollos”, “O meu gato é un poeta” e “Cidades”, acompañándose en ocasións no recitado coa complicidade dun público entregado.
 
 GRAZAS AO POETA POLO SEU ENTUSIASMO !!!

No hay comentarios: