BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 30 de abril de 2017

CANTANDO OS MAIOS

A festas dos MAIOS é a festa da primavera. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a alegría de ver o sol brillando no horizonte...E, como teñen tanta tradición no noso Concello, nós tamén quixemos facer un MAIO e cantar o redor del.Estas son algunhas das Coplas cantadas inventadas polas familias e alumnado:
 No Colexio Porto Cabeiro
estamos de celebración
e seguimos aprendendo
sen esquecer a tradición.
Para facer este maio
tivemos que recoller
o fiuncho e mailos ovos
e as laranxas tamén.
Que esforzo estamos facendo
para poder hoxe cantar
pois como vai o país
so entran ganas de chorar.
 Por iso todos os nenos/as
puxémonos en acción
e construímos un maio
con toda a nosa ilusión.
 Dende Infantil a Primaria
polo colexio imos viaxar
nun foguete aventureiro
os da Nasa van flipar.
 Astronautas ou científicos
calquera cousa poderemos ser
enxeñeiros ou físicos
en Porto Cabeiro imos aprender.
 Nenos/as vinde celebrar
a primavera vai comenzar.
Árbores cheas de flores
que logo froitas serán.
 Os nenos/as deste colexio
o maio festexamos
e por iso, con forza
todos xuntos cantamos.
 O maio da nosa escola
con feituras de foguete
ten a Lúa chea de mágoa
pois ninguén fai que despegue.
 Aquí estamos este ano
seguindo coa tradición
de facer o noso maio
e cantar estas cancións.
Seguindo o noso costume
do anos pasado...
Aquí vimos todos xuntos
a cantar o noso maio.

No hay comentarios: