BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 26 de abril de 2017

INAGURACIÓN DA SECCIÓN PARA FAMILIAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR



 Unha vez acometida a tarefa de renovar os fondos da Sección da Biblioteca destinada aos adultos, convocamos un acto para proceder á súa inauguración, para o que convidamos ás familias do alumnado.

 No acto a Responsable da Biblioteca presentou os diversos materiais que compoñen a remodelada Sección, lembrou os horarios de uso por parte das familias, como solicitar o carné da Biblioteca para poder acceder ao préstamo, as condicións para realizalo… 
 
Xunto á Responsable, a directora do Centro e a nai que forma parte da Comisión de Biblioteca do Consello Escolar cortaron a cinta que inagura oficialmente este novo servizo.
E asumimos o compromiso de incrementar os fondos da mesma para o que dispuxemos unha Caixa de Peticións onde as familias poidan incorporar Suxestións de Lectura. Queremos que toda a Comunidade Educativa sinta máis próxima a nosa Biblioteca e que goce dela!

No hay comentarios: