BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 18 de mayo de 2017

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS CON CARLOS CASARES

   
   Nas semanas do 8 ao 19 de maio o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  do colexio desenvolveu diversas actividades para coñecer a CARLOS CASARES, tales como un Concurso no que había que fotografarse coa escultura do escritor, erixida en Pontevedra.
 Participaron moitas familias e as fotografías aportadas foron expostas no Taboleiro da Lingua, no recibidor do colexio. Escolléronse, entre todas, tres, que recibiron de agasallo libros do autor homenaxeado nas Letras.
          A Biblioteca colaborou aportando materiais e difundíndoos a través dunha Exposición, das Comunicacións ás Aulas e subindo recursos ao Blog. Os libros da Exposición foron os usados nos Apadriñamentos/ Amadriñamentos Lectores entre aulas.
Fíxose o Tren das Palabras: Cada alumno/a escolleu a palabra que máis lle gustou das lecturas e escribiuna dentro da silueta dun vagón para formar dous Trens, que se pegaron nos corredores. 
Elaboráronse xogos, cos que interactuou o alumnado, visionáronse recursos… gozando como non podía ser menos de CASARES.
 No Festival das Letras Galegas alumnado de Primaria representou “A galiña azul” de CASARES.
 Outros cursos inspiráronse, para as súas actuacións diante da Comunidade Educativa, en temas relacionados co Espazo: cantando “A formiga e a Lúa”, recitando e escenificando “Romance da Lúa, Lúa”, de  García Lorca,  traducida previamente ao galego, ou recitando estrofas de creación propia que levaban por título “Viaxando polos Planetas”
A ambientación do escenario lembraba tamén a temática do Proxecto da Biblioteca. E como non, as restantes actuacións tiñan a nosa fermosa lingua galega como protagonista central.

No hay comentarios: