BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 25 de mayo de 2017

CONTO MUSICAL


O grupo Oviravai ( se queres escoitar a música pincha enriba ) acudiu ao Colexio para, a través dunha música contaxiosa e chea de ritmo, presentarnos o conto titulado “As andanzas de Paio”, un libro - disco que, como non podía ser menos, foi adquirido pola Biblioteca para incorporar aos seus fondos.
    O concerto entusiasmou ao alumnado cativo que rapidamente se deixou contaxiar pola música e se puxo a cantar e bailar á beira do grupo Oviravai.
 Esta actividade foi organizada en colaboración co Concello de Redondela.

No hay comentarios: