BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 27 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA EN GALEGO II


A segunda rolda da celebración do Mes da Ciencia en Galego tocoulle ao alumnado de Primaria, que se amosou moi interesado por consultar a nosa selección de Lecturas "experimentais".
 Convidamos para a xornada dos "Experimentos Experimentais", do día 23 de novembro, a Gabriel, mestre da Universidade de Vigo, quen aceptou a invitación de xeito extraordinariamente xeneroso. Desenvolveu co alumnado de Primaria catro experimentos, con explicacións didácticas, adaptadas ás distintas idades, para a súa comprensión:
 A gran capacidade de comunicar de Gabriel
 xunto coas ganas  de aprender e colaborar do noso alumnado
 
deron como resultado unha "xornada científica" na que se desenvolveron estes experimentos:
 CROMATOGRAFÍA: Para saber de que está feita a tinta, por que se pode separar, capilaridade do papel, o que fai o alcol...
 
A CANDEA QUE FAI SUBIR A AUGA: Para reflexionar sobre a combustión, a presión atmosférica, por que se apaga a candea, por que sobe a auga...
INFLADOR DE GLOBOS: 
Que pasa cando se xuntan un ácido e unha base. Que gas sae. Que hai dentro do globo. Oxidación e redución...
FLOTA OU SE AFUNDE?
Para reflexionar sobre a densidade, a flotación. Por que o xeo flota na auga, como actúa o aceite...
 En definitiva,
UNHA XORNADA CHEA DE GRANDES DESCUBRIMENTOS GRAZAS A GABRIEL  QUE TAMÉN NOS FACILITA  ENLACES DE INTERNET PARA EXPERIMENTAR NA CASA

1 comentario:

Gabriel (@vigoexiste) dijo...

Un placer, como siempre.

Y a vuestra disposición.