BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 11 de marzo de 2018

8 DE MARZO 2.018: DÍA DA MULLER

A BIBLIOTECA quixo participar nas celebracións do DÍA DA MULLER que tiveron lugar no noso colexio. 
Fixemos, en primeiro lugar,  unha SELECCIÓN DE LECTURAS, adaptada as idades do noso alumnado para que dende as clases se puidese abordar esta celebración.
En segundo lugar, a BIBLIOTECA elaborou un Power Point  en coordinación cos Equipos TICS e ABALAR, recollendo a historia desta celebración e  reflictindo ademais a presenza das mulleres no circo, tema do noso Proxecto Anual. Empregamos imaxes das pinturas do colombiano Fernando Botero, que se deu a coñecer ao alumnado. 
Colaboraron coas súas voces as alumnas de 5º e 6º
A PRESENTACIÓN foi vista por todo o alumnado do centro o día 9 e cada clase recibiu de agasallo unha lámina cunha das pinturas de Botero.
MÁIS DIFÍCIL AÍNDA... MULLERES DO CIRCO

No hay comentarios: